A agrupación folklórica Tequexetéldere acaba de lanzar unha tirada de 1.000 calendarios cos que espera recadar 3.000€ destinados á Cruz Vermella.
Na realización dos calendarios contou coa colaboración do Concello, a Fundación Cultural, Grafideza e o fotógrafo Tono Arias, este último realizaou as fotos nas que aparecen membros da agrupación de baile.
Enrique Vázquez, en representación de Tequexetéldere, e Manuela Gestoso, da Cruz Vermella, presentaron esta iniciativa coa que se pretende recaudar fondos para poder atender as familias máis afectadas pola crise.
Os calendarios poden adquirirse a 3€ nos seguintes puntos de venda:
- Zapatería Alfonso
- Perruquería Pancho e Benjamín
- Argentinos Burguer
- Café Boliche
- Café Mimela
- Calzados A Esquina
- Tasca 20 Berzas
- Navegación
- Velis Nolis
- O Candil de Silvia
- Mesón A Vila
- Café Alameda
- Cervexería Eureka
- Froitería Tucho
- Fiandeira
- Marxe Libraría
- Librería Alberte Quiñoi
- Artesanía Triskel
Na páxina Web da agrupación e nas redes sociais irán incorporando novos puntos onde se poden adquirir.
Gravación: Adrián Eiras
Redacción e Fotografía: Iria Eiras