Hoxe no MOME teremos a entrega da 3ª Edición do Premio de Teatro MOME Varela Buxán, que este ano recaeu en Santiago Cortegoso Calvar pola obra «Smoke on the Water», e tamén faremos a presentación da publicación da obra gañadora da 2ª edición.
Todos/as os/as asistentes á entrega do premio de Teatro MOME Varela Buxán, e a presentación da publicación da obra gañadora da 2ª edición levaredes de agasallo un exemplar da mesma.
Lembrade, hoxe ás 20 hs no MOME
Departamento de Cultura