O castro de Sta Tecla é un castro galaíco. Tamén é un lugar arqueolóxico, sito no contorno do monte homónimo no concello de A Guardia.
O monte de Sta. Tecla ten unha altitude de 341 mts é está situado nun lugar privilexiado de Galicia: sobre a desembocadura do río Miño.
O castro pertence a cultura catrexa. É o castro máis visitado de toda a comunidade autónoma galega. Declarado monumento HISTÓRICO-ARTÍSTICO no ano 1931 tamen ten a consideracion de BIC, Bien de Interés Cultural.
Composto por edifícios de forma circular, o asentamento está datado entre os séculos Ia.c.-Id.c. Entre esas duas épocas cumpleuse unha ocupación absoluta, pero a partires de ahí comenzou o éxodo e o abandono do lugar coincidindo co proceso de romanización ao que se estaba vendo sometida a península ibérica.
No entorno do monte de Santa Tecla tamén podemos atopar unha ermida adicada a santa do mesmo nome, milagreira en doenzas de cabeza ou coranarias, un museo de restos achados nas distintas excavacións as que se veu sometido o castro, vía crucis, cruceiros, restaurante e ata tendas donde mercar recordos do lugar. As panorámicas dendo o alto do monte son asombrosas dado que está situado xeograficamente no punto máis suboccidental de Galicia; poderemos disfrutar vendo como o río Miño desemboca no Oceano Atlantico; sempre e cando a neboa non se decida a facer acto de presencia xusto o día que visitamos Santa Tecla.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.













































