Os horreos son uns dos elementos constructivos máis representativos de Galicia. Xeralmente usanse coma lugar de almacenaxe e secado de gran. Distribúense por toda a comunidade galega, aínda que fora de Galicia tamén existen, sendo de distinto tipo de construcción, dependendo do gremio de canteiros ou carpinteiros da zona e os seus estilos constructivos; así temos horreos de planta cadrada, rectangular ou redonda, ou cabaceiros de madeira ou pedra.
Cerdedo é unha das zonas de Galicia nas que máis abundan este tipo de eirados. A Eira da Hermida en concreto está composto por 12 horreos ou canastros en perfecto estado de conservación. A visita a esta paraxe faise atractiva por estar os horreos a carón dunha fermosa capilla, nun val, que nos ofrece unhas vistas panorámicas hacía a zona de Quireza e aos montes que a rodean.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.











































