O pasado luns a Asociación de Mulleres de Matalobos, en colaboración coa Asociación de Consumidores e Amas de Casa da Estrada, organizaronn unha ‘xornada de eficiencia enerxética e aforro no fogar’ no local social de Matalobos (Casa Escola).
O consumo de enerxía está ligado á mellora da calidade de vida, pero o seu custe económico fai necesario ser o máis eficiente posible no consumo. Comprender onde gastamos a enerxía e os seus custes, coñecer as posibilidades de redución dentro do fogar para así reducir custes e os dereitos como consumidores serán os obxectivos da xornada.
Fotografía: Iria Eiras








































