O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra puxo como exemplo do que vai acontecer coa nova lei de réxime local ao concello do Tabeirós
O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, Santos Héctor, puxo hoxe como exemplo do que vai acontecer coa reforma da lei de réxime local que está preparando o PP ao concello de A Estrada “onde realmente o alcalde non é José López senón que o alcalde real chámase Rafael Louzán”.
O líder dos socialistas na provincia fixo estas declaracións na rolda de prensa previa ao encontro con representantes socialistas con toda a comarca do Ulla-Umia que celebrouse hoxe sábado na localidade de A Estrada na que tamén participou a deputada socialista Carmela Silva.
Cualificou ao alcalde estradense e a todos os deputados provinciais do Partido Popular como a “cofradía dos caladiños” xa que non abren a boca para nada porque so fan o que quere Louzán.
Santos Héctor puxo como exemplo ao concello de A Estrada, un dos nove de máis de vinte mil habitantes de toda a provincia, e que non estaría afectado pola reforma da lei de réxime local que pretende que sexa a Deputación quen xestione os seus servizos básicos. “O alcalde López xa traspasou toda a recadación de impostos ao Oral e que lle pregunten os veciños de Cuntis como funciona este organismo da Deputación embargando contas bancarias. E o
máis grave, aínda sen saber como vai funcionar o servizo provincial de recollida de Lixo, o alcalde xa anunciou que A Estrada vaise a adherir, e sen saber nin o que vai custar”.
O secretario dos socialistas da provincia fixo un recoñecemento ao labor de José Antonio Dono, como alcalde de A Estrada ao asegurar que “cando Dono abandonou a alcaldía os estradenses tiñan unha presión fiscal de 217 euros por ano e habitante y estos do Partido Popular en apenas dous anos fixeron pasar os impostos municipais ate os 288 euros. Esta é a forma de gobernar do PP”, concluíu Santos Héctor.
Por outra parte, a deputada socialistas e vicepresidenta segunda da mesa do Congreso, Carmela Silva realizou un pequeno repaso polo que vai significar a posta en marcha da reforma do PP da lei de réxime local que suporá que os servizos básicos dos concellos de menos de vinte mil habitantes pasen a ser prestados polas deputacións. “Isto significará -sinalou Silva- que a vecindade vai perder a súa posibilidade de control sobre estos servizos xa que ate de agora eran regulados pola persoa que eles mesmos elixiron o través das
eleccións municipais pero con esta nova lei será un señor como Louzán que os controle”.
A deputada socialista asegurou que esta lei “é a lei de Rajoy, Feijoo, Louzán e de todos os alcaldes do PP a pesares de que con a boca pequena a estean a criticar”.
Carmela Silva afirmou que con esta nova lei os servizos básicos que sexan rentables económicamente vanse privatizar e puxo como exemplo a recollida de lixo a limpeza viaria, etc “e aqueles outros que non o sexan acabaran centralizados nas deputacións e lonxe dos cidadáns”.
A responsable socialista manifestou a total oposición a esta reforma da lei e anunciou que seguirá a explicar por toda a provincia os seus efectos en xuntanzas como a de hoxe en A Estrada.
Redacción: PSdeG PSOE
Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras
Fotografía: Iria Eiras






































