Este sábado ás 12:00 horas a praza do concello será o punto de encontro de amigos e simpatizantes de Alex Marque, ciclista estradense acusado recentemente de dopaxe por dar positivo nunha sustancia coa que se estaba a tratar unha lesión.
O propio Alex aclarou que a UCI estaba informado do tratamento que estaba a realizar para tratar un xeonllo durante a Volta Ciclista a Portugal da que finalmente resultou vencedor.
Dende A Estrada Na Rede queremos mostrar o noso apoio a este gran deportista estradense e deixámosvos aquí as imaxes do homenaxe do pasado mes de setembro. Imaxes de cariño e afecto dos veciños en momentos de éxito e que estamos seguros que mañá se reproducirán en maior cuantía.
Gravación: Adrián Eiras
Redacción e fotografía: Iria Eiras






































