Concentración en Apoio a Alex Marque

IMG_9330Este sábado ás 12:00 horas a praza do concello será o punto de encontro de amigos e simpatizantes de Alex Marque, ciclista estradense acusado recentemente de dopaxe por dar positivo nunha sustancia coa que se estaba a tratar unha lesión.

O propio Alex aclarou que a UCI estaba informado do tratamento que estaba a realizar para tratar un xeonllo durante a Volta Ciclista a Portugal da que finalmente resultou vencedor.

Dende A Estrada Na Rede queremos mostrar o noso apoio a este gran deportista estradense e deixámosvos aquí as imaxes do homenaxe do pasado mes de setembro. Imaxes de cariño e afecto dos veciños en momentos de éxito e que estamos seguros que mañá se reproducirán en maior cuantía.

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta