Tomese un polbo de aproximadamente 1.5 kg. Nunha pota na cal se terá agua fervendo a cachón introducirase o polbo lentamente unha e outra vez, así ata tres veces. Deixese cocer aproximadamente 20 minutos. Espetarlle un garfo e ver se está cocido, saberemolo cando se solta o garfo sen ningún problema. Deixar repousar uns dez minutos e comenzar a trocear cunha tesoira nos pratos de madeira, os cales tivemos sumerxidos no auga quente do polvo cinco minutos. Espolvorearlle pemento picante e sal. Engadeselle un bo chorro de aceite de oliva virxe e servir.
AESTRADANAREDE DESÉXAVOS FELICES FESTAS DE NADAL.
Redacción e Fotografía: Ana Requeijo.







































