TEMPLO DE VERACRUZ, O CARBALLIÑO, OURENSE

001 194 copiaSito na vila de O Carballiño, provincia de Ourense, a primeira pedra deste magnífico templo foi colocada no ano 1943 sendo D.Evaristo Vaamonde o párroco carballiñés. O párroco e a comisión de veciños, creada a tal efecto, estimando que o templo parroquial existente se quedaba pequeno para o culto, encárganlle esta obra ao arquitecto Antonio Palacios.

No mes de xullo do ano 1943, e baixo as ordes do mestre canteiro Adolfo Otero comezase as obras. A morte de Palacios dous anos despois, así como as grandes dificultades económicas para levar a cabo a construcción do templo sitúannos no ano 1952, cando a pesares de que a torre estaba aínda a medio construir, o párroco abre o templo ao culto nun 17 de setembro, día de san Cibrán, patrono da vila.

001 108 copia 001 243 copia

No ano 1961, e tras a morte de casi tódolos artífices desta grandiosa obra, quedando aínda o que fora por máis de 30 anos párroco do Carballiño, don Evaristo falece deixando como legado o templo totalmente rematado. Para a construcción do de Veracruz usáronse materiais moi comúns na comarca, especialmente granito e pizarra. Dese xeito o templo é a obra máis representativa de O Carballiño.

001 068a copia 001 245 copia

Cun estilo moi difícil de definir posto que é unha amalgama de diversas formas arquitectónicas e escultóricas e baseandonos en estudos realizados polo historiador Felipe Senén Gómez, experto na obra de Antonio Palacios e estudiando en profundidade o caso do templo de Veracruz, comparando esta construcción có resto da obra relixiosa de Palacios dinos: «os seus templos son como unha suma tecnolóxica da arquitectura histórica de Galicia, a arquitectura do Camiño de Santiago, a arquitectura inglesa, o atlantismo e os modelos e a admiración de Palacios hacia a escola Vienesa». Sacamos en conclusión que o de Veracruz ten influenzas e trazos de todas estas formas, anteriormente nomeadas de construccións: pazos, mosteiros, catedrais, igrexas, castelos… A simboloxia tamén está moi presente neste templo polo que no seu conxunto o de Veracruz é todo un símbolo expresionista da época na que foi construído.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta