Entre un inmenso solpor invernal, que desfrutamos dende o campo da capilla da Lanzada, emerxen, no medio do mar, as Illas de Ons e Onza. Este archipielago forma parte do Parque Natural das Illas Atlánticas debido a gran riqueza do seu ecosistema. Pertenecen o Municipio de Bueu e pechan a entrada aos fortes ventos mariñeiros que azotan a Ría de Pontevedra.
Destacaremos a importancia e riqueza do seu ecosistema marítimo-terreste: gran número de aves e un fondo mariño de gran biodiversidade. Abundan as gaivotas, cormoráns, araos comúns, nutrias ou algún que outro cervo. Aínda que casi está deforestada quedan uns poucos exemplares de cerquiño, o árbore máis típico do archipielago. Tamén hai matorral baixo; toxo, fento, espiños ou algún que outro pino, eucalipto ou carballos.
Como a foto coa que ilustramos esta reportaxe sobre o archipielago das illas de Ons, tan só nos amosa as illas emerxendo do mar, o máis recomendable é visitalas in situ. Para iso podemos tomar un barco no porto de Bueu e desfrutar dun día en plena natureza mariña.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.