Na xornada de hoxe o Estradense Veteranos quixo recordar un ano máis a figura do que durante a época dorada do CD Estradense fora o seu presidente.
Durante o mediodía de hoxe realizaron un partido no estadio da Baiuca no que se mediron ao CD Estradense, despois de realizar un sentido minuto de silencio polos compañeiros xa falecidos.
Esta noite pechan os actos de homenaxe con un espectáculo de máxia do Mago Luis Boyano no Teatro Principal ás 20:30 horas. A recadación de dito espectáculo repartirase entre cáritas e para sufragar gastos do club Estradense Veteranos.
Gravación: Adrián Eiras / Redacción e fotografía: Iria Eiras







































