Esta fermosa capela que nos atopamos na parroquia estradense de San Miguel de Castro, está no lugar de Seijo e pertence o arciprestazgo de Ribadulla, sendo a única do concello de A Estrada que cumple con esa característica. De planta rectangular e cunhas medidas de 10.9 mts x 4.55 mts, ten os teitos abovedados e a dúas augas. A esas medidas hai que aumentarlle as da sacristía de aproximadamente 4 mts x 2.60 mts.
Foi fundada no ano 1707 por Miguel Reimóndez e na súa orixe estivo adicada ao apóstolo Santiago. Foi sometida a diversas restauracións, pero conserva da súa construcción orixinal a fachada datada no século XVIII e unha espadaña do século XIX.
A capela das Angustias forma parte dos monumentos relixíosos integrados no Camiño de Santiago que discorre polo concello de A Estrada.
Redacción e Fotografía: Ana Requeijo.