O Estradense Veteranos entrega 500 kilos de alimentos a cáritas

DSC_0080Na tarde do día 31 directivos do Club Estradense de Veteranos fixeron entrega duns 500 Kilos de alimentos a cáritas parroquial. O donativo é resultado de parte do recadado pola actuación do Mago Luis Boyano, organizado polo club deportivo. Os beneficios de dito espectáculo ían destinados a compra de alimentos para Cáritas e a sufragar gastos dos veteranos.

Cós alimentos, fixeron entrega dunha nota que literalmente di:

«O Club Deportivo Estradense de Veteranos quere dar o seo agradecemento a todas as persoas que colaboraron co club así como a todas as casas comerciais, ao Club Deportivo Estradense e ao Excmo. Concello da Estrada, pois gracias a todos eles fomos capaces de celebrar o festival e axudar a Caritas Parroquial de A estrada.»

A Dirección de Caritas Parroquial de A Estrada, únese ao agradecemento reproducido anteriormente e faino extensivo ao Club Deportivo Estradense de Veteranos.

Redacción: Iria Eiras / Fotografía: Catrogatos

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta