O Estrada FSF únese ás iniciativas solidarias con Xosé Manuel Iglesias

IMG_9210O equipo de fútbol sala feminino Estrada FSF organizou o pasado sábado tres partidos amigables no que se recadaron fondos e tapóns para Xosé Manuel Iglesias, un rapaz de Vedra con Disparesia Espástica Nivel 4.

Xosé Manuel foi operado o 17 de Decembro en Barcelona. Os gastos da custosa operación foron sufragados grazas aos donativos desinteresadas e iniciativas solidarias coma a deste fin de semana en A Estrada. Agora, tras a exitosa operación quédalle unha longa rehabilitación para a que continúa precisando axuda.

Nestes partidos recadáronse 200€ na venda de rifas para o sorteo de agasallos doados por Auro Sport e Plusmarca, ademais de tapóns.

No primeiro encontro enfrontáronse dous combinados de benxamíns do Meigas FSF, club de Ames, e do Estrada FSF, onde ás máis cativas demostraron que xa apuntan maneiras neste deporte.

IMG_8474O segundo partido enfrontou aos infantís de Estrada FS e os alevíns do Cuntis FS, este encontro foi mixto xa que o equipo estradense conta nas súas filas con 4 rapazas.

O terceiro encontro serviu de toma de contacto co fútbol sala de novas incorporacións do Estrada FSF que nunca practicaran este deporte. Enfrontáronse ao Meigas FSF de Ames e o saque de honra fixo o propio Xosé Manuel con axuda de seu pai.

IMG_8812Finalizados os encontros, e tralo sorteo dos agasallos, o protagonista da xornada Xosé Manuel, fíxolle entrega dos trofeos aos clubs participantes. Trofeos doados polo Concello de A Estrada.

Para rematar o club Estrada FSF agasallou a Xosé Manuel cun balón e unha camiseta do equipo firmados por todas as xogadoras. Tamén lle entregaron unha camiseta que enviara para a ocasión Verónica Boquete, xogadora da Selección Española Absoluta, do seu campus e firmada por ela.

IMG_9120Dende o club estradense queren agradecer a colaboración dos seus patrocinadores, Sandra Estilistas, Alcem Abogados, Cerveza Artesanal Karallaner, Innova Ópticos, Café Bar Boliche e Pub Valenciaga, sen os cales todo isto non sería posible.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta