O Monte Louro é unha formación granítica, cuberta de rochas e matorral baixo que está a carón do Océano Atlántico. Alí comenza a Costa da Morte galega pola ría de Muros- Noia.
Visible dende moitos puntos da comarca do Barbanza, por exemplo, dende o Castro de Baroña, ou dende as plaias ou o Faro de Lariño en Carnota , o Monte Louro erguese sobre o nivel do mar 241 metros. Ao seu pé ten o faro de Louro, en funcionamento dende 1962.
O Monte Louro, xunto coa lagoa de Louro, sita detras do monte, estan declarados como lugares LIC: lugares de interés comunitário.
Podemos datar o Monte Louro de fai dous millons de anos e tamén, coma outros tantos lugares en Galicia, esta marcados polas lendas. Conta a tradición lugareña que o monte fala, e que non hai habitante na comarca que non se entenda con él. Dese xeito Louro anuncia dos temporais, ollando cara o horizonte saberemos canto tardaran en chegar as choivas dende o mar ao interior. Din que cando se lle poñen as nubes de pucho ao Monte Louro o temporal xa está dentro. Pola súa altura e situación puido actuar de parapeto de defensa en batallas navais e ademáis, sabemos que puido tomalo seu nome da cor que collen as súas pedras nos intensos solpores que podemos disfrutar na zona. O Monte Louro asemella unha illa, visto dende calquera outro punto da comarca, pero ao seu pé vemos que esta totalmente pegado nos montes que o rodean.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.