Este sábado o Vasán Cubik compite por poñerse terceiro na clasificación

Vasan cubikO Vasán Cubik Seguros A Estrada Futsal recibe o sábado ás 19:00 horas no Coto Ferreiro ao Pazos de Borbén.

O encontro será o comezo da segunda volta da liga de 3ª División Nacional de fútbol sala, fronte ao 4º clasificado que foi quen de doblegar aos de Juankar no partido disputado na primeira volta por 7 a 5.

Na actualidade o Pazos de Borbén atópase con sólo un punto máis que o equipo estradense. É por iso que, ata o de agora, estamos a falar do partido máis importante que o Vasán Cubik disputou, xa que cabe destacar que o Santiago Futsal (3º Clasificado), visita a cancha do temible Burela, polo que unha victoria do Vasán ante o Pazos e un tropezo do Santiago apearíanos ata a 3ª posición.

Para afrontar este encontro Juankar poderá dispoñer da plantilla ao completo, coa volta de Tojo, que non pudo xogar na pasada xornada por unha doenza nun nocello, completase o plantel para mañá dar o salto de calidade na clasificación.

 

O Vasán Cubik Seguros afronta o encontro no seu feudo có único pensamento de sacar os 3 puntos. O plantel é coñecedor do plus que lle imprime a grada do Coto Ferreiro e están conxurados para darlle valor ao gran apoio dos afecionados.

Dende o club estase facendo un gran esforzo para recuperar o espíritu de fútbol sala que sempre tivo esta vila, e necesitan o apoio incondicional do Coto Ferreiro para chegar ao seu obxetivo, por iso se fai un chamamento para que os estradenses asistan a animar ao Vasán Cubik Seguros, repartindo invitacións nos centros educativos e promovendo campañas de alerta nas redes sociais.

Redacción: Vasán Cubik Seguros / Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta