Os socialistas piden ao alcalde que cumpra os compromisos adquiridos no pleno e convoque as comisións

A Estrada debe fixar posición con respecto á suba de SOGAMA e á reforma que o PP pretende impor en materia de saúde sexual e reprodutiva 

IMG_8096

Durante o transcurso do último pleno ordinario do Concello da Estrada o Alcalde comprometeuse a  convocar comisión para fixar a posición da Corporación Municipal con respecto ás modificacións que o Goberno do Estado pretende impoñer en materia de saúde sexual e reprodutiva.

IMG_8118Esta proposta do Alcalde foi acollida durante o pleno satisfactoriamente, pois, segundo os socialistas os cambios que o PP pretende realizar nesta materia, supoñen un retroceso, normativo, social e ideolóxico. A revisión proposta suprime o dereito a decidir das mulleres, situándoas nunha situación de inseguridade xurídica a elas e aos profesionais médicos. 

Sen embargo, a data de hoxe, a convocatoria non se ten producido. Por este motivo os socialistas, rexistraron no concello unha moción solicitando a retirada inmediatamente e non continuar a tramitación do Anteproxecto de Lei Orgánica. “Por se lle esqueceu o seu compromiso cos estradenses” comentou a portavoz socialista, quen manifestou “esta revisión legal que pretende impoñer o PP atenta contra as liberdades e os dereitos da muller, nunha clara estratexia ideolóxica dos populares. Implica un retroceso sen precedentes para as mulleres e causa unha fonda alarma social”

A comisión para tratar a suba de SOGAMA sen convocar dende novembro 

IMG_8102Por outro lado, recórdalle o grupo socialista ao Sr. López Campos que leva dende o mes de novembro paralizando a convocatoria dunha comisión para tratar a suba, imposta polo Sr. Feijoo, dun 34 % no canon de SOGAMA,. “Suba contra a que se manifestan a grande maioría dos Alcaldes galegos, incluídos os do PP, mentres o Alcalde da Estrada, Sr. López Campos, cala e aplaude a imposición”

Recordan os socialistas que non é esta a primeira vez que o Alcalde da Estrada, Sr. López Campos, deixa de lado aos veciños para pregarse aos seus xefes do PP, nunha clara busca de proxección persoal dentro do partido, inda que sexa a costa da pisar aos estradenses.

Redacción: PSdeG PSOE A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta