Un Coto Ferreiro volcado co equipo, un rival duro e aferrado aos postos altos da clasificación e un Vasán Cubik seguros convencido de poder colocarse na 3ª posición na tabla da 3ª División Nacional, eran os ingredintes perfectos para o que resultou ser un dos mellores partidos dos vividos ata o de agora no Coto Ferreiro esta tempada.
Sobre todo na primeira metade, donde o Vasán Cubik deu unha lección de Futbol Sala, mantendo a posesión do esférico ante a cerrada defensa do Pazos de Borbén, e marcando os tempos para atacar con contundencia cando visionaban algun espazo.
O gol de Marcos Sesar abriu a lata a falta de 8 minutos para o descanso, e foi a antesala dunha goleada moi saboreada polos locais.
Antes do descanso, Fabi puxo o 2 a 0 no marcador, e Quinso, cun golazo, finalizando maxestuosamente unha xogada individual anotou o 3-0 có que se chegou ao intermedio.
Na segunda metade os homes de Juankar adicáronse a manter a posesión e xogar co resultado, respondendo con goles as febles embestidas dun rival noqueado.
O Pazos foi quen de acurtar distancias, pero Moro anotou outro dos goles do encontro, definindo unha volea á salida dun corner.
Xa co Pazos xogando con porteiro xogador, os visitantes voltaron a acurtar distancias, pero outra vez Moro colocou o 5 a 2 no marcador.
Nos últimos minutos o Pazos recurtou distancias poñendo o 5 a 3 definitivo no marcador.
Xogaron: Q.I: César, Marcos Sesar, Quinso, Moro e Rafita; Rebo, Fabián, Botel, Tossi e Tojo.
Goles: Fabián (1), Sesar (1), Quinso (1) e Moro (2)
Redacción: Vasán Cubik Seguros / Fotografía: Iria Eiras