A Sociedade Cabalar de A Estrada (SOCADE) e Cubik seguros, axente exclusivo
de Helvetia seguros para A Estrada, firman un acordo de colaboración mediante o cal Cubik Seguros convertese no proveedor de seguros para os cabalos dos asociados de SOCADE, con precios exclusivos para estes.
Cabe destacar que socade conta con uns 150 asociados que poderán beneficiarse deste convenio, que se firma cunha duración de 1 ano, coa intención de que sexa renovado en vindeiros exercicios.
Ademáis dos precios exclusivos para SOCADE nos seguros de Responsabilidade Civil de equinos, Cubik Seguros promove dende hoxe unha campaña para os socios de este colectivo basada en importantes descontos en calquera outro seguro que poida ter o asociado, como poden ser seguros de fogar, auto, moto, industria, comercio…que poden chegar ata o 25 %. Esta campaña está dirixida a calquera socio de SOCADE, dispoña de equino ou non. Deberá
xustificar a súa condición de socio aportando o carnet correspondente a anualidade.
Cubik Seguros, axente exclusivo de Helvetia para A Estrada, tamén estará presente como patrocinador nos diferentes actos que SOCADE realiza durante o ano, tales como feiras, raids, cursos de formación…xa que aportará una cantidade en concepto de patrocinio a asociación e facilitará diversos elementos publicitarios para expoñer.
Redacción: Cubik Seguros / Fotografía: Catrogatos






































