Esta tarde o Vasán Cubik Seguros enfróntase ao Burela FS "B", rival directo polos postos altos da táboa

Vasan cubikÁs 19:00 horas o Pescados Ruben burela FS «B» visita o Coto Ferreiro. Trátase do filial dun dos equipos punteiros na primeira división e atópase a 3 puntos do Vasán Cubik Seguros na clasificación.

Despois da dura derrota de Santa Isabel, O Vasán Cubik Seguros quere dar o do de peito ante a súa afección e impoñerse ao Burela, xa que quedou con gañas de revancha despois do partido da primeira volta no que saiu derrotado por 2 a 1, nun partido no que controlaron en todo momento os homes de Juankar.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta