Situado na parroquía estradense de San Miguel de Castro este punto constitue un punto privilexiado para comtemplar tanto o pico Sacro coma o transcurso dun apacible río Ulla entre montañas e vales. Da antiga contrucción que alí había, conservase un resto dun muro defensivo e no alto do monte existe un castro reconstruído. O acceso é moi complicado dado que para os
vehículos de motor a pista non se atopa na mellor das condicións; pero os amantes do sendeirismo poden subir, con moita forza de vontade dado que o miradoiro atopase a uns 500 mts de altitude e unha vez arriba, sabemos que todo esforzo mereceu a pena, tanto polas vistas coma polo valor do entorno. Un lugar moi cercano o ceu con voces invisibles que claman por contarnos antigas historias.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.