Obra do inxenieiro Laureano Salgado Rodríguez comenzou a contruirse no ano 1910, data na que se coloca a primeira pedra da monumetal escultura.
No seu interior introduceuse unha caixa que conten duas monedas de ouro, duas de plata, e duas de bronce. Izándose 100 metros sobre o nivel do mar e medindo aproximadamente 15 metros inaugurouse no ano 1930 cunha grande festa que aínda hoxe en día se sigue a celebrar ao pé da escultura.
De pedra toda ela, agas a cara e as mans que son de marmol, a súa coroa é de azulexos e pedra.
Porta no seu brazo dereito un barco de mármol ao que se pode acceder por unhas escaleiras de caracol, podendo disfrutar dunhas fermosas panorámicas da vila de Baiona.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.