O pasado venres Xosé Antonio Dono, en representación dos socialistas estradenses, acompañado de Belén Louzao e Montse Maceiras denunciaron falta de planificación por parte do goberno local.
Dono criticou a xestión do alcalde na solución de problemas como os continuos cortes de auga que prexudican principalmente aos hostaleiros estradenses, ademais dos veciños afectados.
Así mesmo, denuncia o abandono das estradas no rural e a lentitude das obras na Praza de Abastos.
Gravación: Adrián Eiras // Redacción: Iria Eiras