Na mañá de onte o rexedor estradense, José López, comparecía ante os medios acompañado da concelleira Amalia Goldar. O alcalde lamentaba a suspensión cautelar do Plan Urbanístico que nos devolve as Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal, que ao non estar adaptadas á nova Lei de Solo, unicamente permiten pequenas obras.
Ante esta situación López móstrase optimista xa que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) refírese solo á orde de aprobación definitiva ditada pola Xunta, non ao documento en sí. O alcalde espera que as alegacións presentadas polos servizos xurídicos da Xunta resolvan o fallo do TSXG, que nestes casos de plans se pronuncia bastante rápido, polo que podería estar resolto en cuestión dun mes.
Segundo o alcalde, entende que o problema na aprobación se debe a que a Xunta fixo unha aprobación definitiva condicionada a unha serie de correccións, mentres o Tribunal considera que as correccións se deberían facer antes da aprobación definitiva. Por iso, en caso de non prosperar o recurso, ao non afectar o fallo do TSXG ao contido do documento espera poder volver levar o PXOM a unha nova aprobación xa coas correccións feitas.
Gravación: Adrián Eiras
Redacción e Fotografía: Iria Eiras






































