Neste ano 2015 celebrarase a III edición do Circuito de Carreiras Populares Concello da Estrada “CORRE A ESTRADA CORRE”, que agrupa dun xeito organizado as carreiras populares que se disputarán o longo deste ano 2015 no noso concello. A maiores das probas xa coñecidas e que formaron parte das duas primeiras edicións, o Cross Rio Liñares, a Nocturna Estradense e o Memorial Manuel Bergueiro, este ano incluimos una proba nova: a Cronoescalada AEstradaVertical, polo que serán catro as probas puntuables para o Circuito.
O obxectivo deste circuito de carreiras populares é poñer o alcance de toda a poboación esta actividade físico-deportiva e fomentar ca súa práctica habitos de vida saudables.
O III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, está organizado polo Concello da Estrada,
iniciarase o día 14 de Marzo de 2015 e rematará o día 4 de Outubro de 2015.
Dentro do noso Concello ainda haberá unha carreira máis, que será a V San Silvestre Estradense o día 31 de Decembro. (1.609 metros), pero mantén o seu carácter lúdico non competitivo, polo que non está incluida no circuito.
As carreiras que forman parte do III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, son as seguintes:
1. IV Cross Rio Liñares. Sábado 14 de Marzo. (9.000 metros). Carreira que se
celebrará nun circuito na Praia fluvial na modalidade de cross. Todas as categorías.
2. I Cronoescalada AEstradaVertical. Domingo 26 de Abril. (2.000 metros). Carreira
que se terá a saida na parroquia de Aguións e a chegada na Praza da Feira. Solo
Categoria senior.
3. IV Nocturna Estradense. Venres 26 de Xuño. (7.500 metros). Carreira que se
celebra nun circuito urbán, de noite e nas Festas Patronais de San Paio. Todas as
categorías.
4. V Memorial Manuel Bergueiro. Domingo 4 de Outubro. (9.800 metros). Carreira
que se celebra nun circuito urbán, con saída e meta na praza do concello. Todas as
categorías.
A organización do III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, pode variar as datas de celebración das probas por motivos técnicos e, excepcionalmente poderanse suspender
PARTICIPACIÓN E CATEGORÍAS.
Poderán participar todos aqueles corredorres que así o desexen e para poder optar a algún dos premios, será condición indispensable ter rematado as catro carreiras. O III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” so contará con tres clasificacións: xeral masculina, xeral feminina e familiar, e puntuarán para o III Circuito os atletas nados en 1998 e anos anteriores, independentemente das categorías que poida establecer cada carreira. Aqueles participantes nados despois do ano 1997 desexen competir na proba absoluta e asi participar no circuito tamén o poderán facer.
Unha vez comezado o III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, non se poderán realizar
cambios nos equipos familiares, tendo o atleta que rematar o circuito co equipo elexido na súa inscrición o mesmo. A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes ca suficiente antelación.
As reclamacións ós resultados oficiais de cada carreira, deberán formularse verbalmente á
Organización do III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor para cada caso. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
A descalificación dun atleta do III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, supón a pérdida de todos os puntos colleitados nas carreiras nas que participara dito atleta, tanto na clasificación individual como na clasificación familiar, non optando os premios existentes.
Serán motivo de descalificación:
Correr co dorsal ou chip doutra persoa. Serán descalificados ambos.
Participar con máis dun chip. Serán descalificados ambos.
Non estar inscrito na proba e participar na mesma con chip.
Realizar a inscrición alterando os datos.
Non atender as indicacións da organización.
Manifestarse con conducta antideportiva e/ou contra o medio
CLASIFICACIÓNS.
As clasificacións do III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” e os seus premios serán para aqueles que se inscriban o circuito e na totalidade das probas dende un principio. Os participantes que participen en todas ás probas, pero anotadas individualmente en cada unha delas non optarán ós premios do III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”
Individuais:
A puntuación de cada atleta, corresponderase co posto de chegada na clasificación
correspondente a sua categoría. Cada atleta sumará os mesmos puntos que a sua clasificación na proba que participa. (exemplo: 4º clasificado no IV Cross Rio Liñares=4 puntos).
O vencedor de cada categoría será ó atleta con menor suma de puntos, así como o vencedor do III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”. En caso de empates teránse en conta:
1. O maior número de mellores postos clasificatorios.
2. A maior distancia en kilómetros percorridos.
Familiar:
Considerase unidade familiar a aqueles na seguiente línea de parentesco: avós, pais e netos. Non se consideran curmáns nin outros familiares.
Para que un equipo familiar puntúe nunha proba, será preciso que finalicen a proba polo menos dous atletas da unidade familiar independientemente do sexo.
Coma na categoría individual, cada integrante do equipo obterá os mesmos puntos que o posto realizado, e dicir, o primeiro un punto, o segundo dous, o terceiro tres e así sucesivamente, dentro da categoría na que compita.
A puntuación do equipo familiar nesa carreira será o resultado de sumar os puntos alcanzados polos seus integrantes na súa categoría, dividido polo número de atletas do equipo familiar participantes na proba; para o caso de participantes en idade Pitufos, a puntuación será por participación xa que non haberá clasificación (cada pitufo participante puntuará “-1” en cada carreira). Según o comentado anteriormente, os participantes na categoría de pitufos, computan restando un punto sexa cal sexa a súa clasificación.
O vencedor da clasificación familiar será o equipo con menor suma de puntos, e en caso de
empates teránse en conta:
1. O maior número de participaciones individuais nas carreiras.
2. O maior número de mellores postos clasificatorios.
3. Equipos mixtos ou femeninos sobre equipos masculinos.
INSCRICIÓNS.
Os que queiran competir no circuito:
O atleta que queira estar incluido no circuito deberá abonar 3,50€ por adquirir o chip de zapatilla que utilizará en todas as carreiras do circuito, quedando en propiedade de éste ó seu remate, sen necesidade de devolvelo. A maiores, a inscrición no circuito terá un coste de 12€.
Os que non queiran competir no circuito:
Se o participante non quere estar incluido dentro do circuito, a inscrición de cada carreira de forma independente terá un coste de 4€. O aluguer do chip é gratuito, pero deberase devolver obrigatoriamente unha vez rematada cada carreira.
As inscricións faranse a través da web www.emesports.es . Alí tamén amosaranse os listados de participantes xa inscritos tanto en cada carreira de forma independiente como no circuito e as clasificacións.
A inscrición das categorías base (junior a pitufos), será gratuita e farase nos puntos de
información habilitados para iso en cada carreira.
PREMIOS.
Acadarán premio os cinco primeiros clasificados nas tres categorías existentes (xeral masculino, xeral feminina e familiar) no III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, e serán os seguintes:
CLASIF. XERAL MASCULINA CLASIF. XERAL FEMININA CLASIF. XERAL FAMILIAR
1º TROFEO+200 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+200 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+250 € (MATERIAL DEP.)
2º TROFEO+150 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+150 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+200 € (MATERIAL DEP.)
3º TROFEO+125 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+125 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+150 € (MATERIAL DEP.)
4º TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+100 € (MATERIAL DEP.)
5º TROFEO+75 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+75 € (MATERIAL DEP.) TROFEO+75 € (MATERIAL DEP.)7.- INFORMACIÓN.
Mais información ou calquera dúbida relacionada coa organización do III Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE” poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 (horario de mañá), na páxina web www.aestrada.com ou www.emesports.es e no correo electrónico deportes@aestrada.es
Redacción: Concellería de Deportes de A Estrada






































