Un ano máis a parroquia de Couso non faltou á cita do seu tradicional entroido no que participan gran número de veciños.
O seu principal atractivo seguen sendo os Xenerais do Ulla que nos últimos anos nos entreteñen có seu atranque no martes de entroido da vila ademáis de no seu entroido particular, o domingo anterior no campo da festa de Couso, pero ademáis dos Xenerais nunca faltan as comparsas e carrozas que recorren a parroquia dando os vivas e entretendo os demáis veciños e veciñas. Sen embargo este ano, a garda civil de tráfico impideu que puideran lucir as carrozas nas que con tanto traballo prepararon nos últimos meses facéndolles o seu particular atranque e poñendolle as respectivas multas. Este feito enoxou bastante a organización que solicitara os pertinentes permisos.
Sen embargo era o domingo de entroido de Couso e non ían permitir que ninguén lles aguara a festa a cal sempre sacaron adiante incluso cando o tempo non acompañaba, e como tiñan previsto achegáronse pola tarde ata o Souto de Vea onde cantaron, bailaron, votaron vivas a todos os que se achegaron a velos e realizaron o alto dos Mini Xenerais, para rematar a festa no campo da festa de Couso có prato forte, o alto dos Xenerais, que nos seguiremos posteriormente no Martes de Entroido de A Estrada e subirenos nos vindeiros días.
Entretanto deixámosvos unha galería de imaxes e un pequeno vídeo da visita ao lugar de Souto de Vea.
Redacción, gravación e fotografía: Iria Eiras






































