Mercadona chegará á Estrada cunha iniciativa privada de 28 millóns

IMG_6708IMG_6681O equipo de goberno daba a coñecer onte o primeiro gran desenvolvemento urbanístico de carácter privado dende a aprobación do PXOM. O alcalde, José López, anunciaba onte que chegaran a un acordo coa empresa andaluza Bogaris e có grupo Mercadona para realizar unha urbanización de 37.465 metros cadrados de superficie para uso residencial e comercial situado entre a Avenida de Pontevedra, a Avenida de Vigo e a travesía da rúa Marín. O rexedor estradense congralutábase de que o Plan Xeral comece a dar os seus froitos atraendo este tipo de iniciativas ao pobo que se espera que xeneren 330 postos de traballo durante a execución das obras e 40 no Mercadona.

O proxecto inclúe, ademáis do centro comercial Mercadona con 9.900 m2, unha zona residencial con 205 vivendas e unha zona verde de 4.725 m2 (máis ou menos como a alameda), así como a creación de 2 novos viais.

10974610_1570588859887299_3445764470990675961_o

 Redacción e gravación: Iria Eiras

 

 

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta