No medio día de onte presentouse o novo edificio da AXEGA sito nas dependencias da Académia de Segudidade, AGASP, na Estrada. Con este motivo os encargados da xestión de emerxencias estiveron acompañados na visita ás novas instalacións polo alcalde estradense, Xosé López, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o vicepresidente, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, entre outras outoridades.
Estas instalacións albergarán a 250 persoas adscritas ao 112 e 061 que se espera que dinamicen a vila ao acudir diariamente ao seu posto de traballo.






































