O vindeiro sábado 4 de Abril, tes unha cita na Praza do Concello de A Estrada as 11h00.
Empresas estranxeiras veñen a poñer granxas de visóns americanos na nosa
terra con gravísimas consecuencias para o medioambiente e torturando aos animais, para logo marchar cos cartos aos seus países deixando os nosos ecosistemas desolados.
Dende que saiu o proxecto da granxa a exposición pública tanto expertos medioambientais coma veciños intentamos advertir dos problemas que vai traer consigo a granxa de visóns que se está a construir en Parada (A Estrada). As advertencias dos expertos medioambientais foron ignoradas a pesar da forza dos seus argumentos, ao mesmo tempo que foi ignorada a voz das máis de 18.600 firmas acadadas na páxina de change.org.
Os visóns dende que nacen ata os 8 meses viven en xaulas minúsculas ao aire libre en condicións pésimas e sufrindo unha verdadeira tortura ata tal punto que moitos acaban autolesionándose, mutilándose partes do seu propio corpo froito da desesperación. Son animais moi activos que precisan de moito espazo e que viven solitarios no seu hábitat natural, polo que ao verse xuntos e apretados en xaulas, sometidos a tales niveles de estrés, moitos acaban por recurrir ao canibalismo.
Aos 8 meses de vida, os visóns son gaseados e despelexados, moitos aínda vivos, xa que a pel perdería calidade de no ser retirada coa sangue aínda quente.
Dos máis de 14.000 visón que vai ter a granxa, moitos lograrán escapar para a súa sorte e para a desgraza dos nosos ecosistemas. Xa que son animais altamente agresivos e perigosos que desprazan ou depredan a fauna autóctona, poñendo en grave perigo moitas especies como son a londra ou a toupa de auga.
Estamos fartos de que os nosos políticos vendan a nosa terra ignorando a voz do pobo.
Redacción: Granxas de visóns fora de Galicia






































