A pasada noite deron comezo as Santas Tapas con moi bo ambente nos locais participantes. Falamos con Tapería O Lar, Cafetería Andalucía, O Novo Paseo, Cafetería Mimela, Mesón A Vila e Bar Scala que nos contaron en que consisten as súas tapas e Pan de Cerdedo amosounos en que consiste o seu Minicóctel, unha das novidades nesta edición das Santas Tapas.
[embedplusvideo height=»390″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1xDJREu» standard=»http://www.youtube.com/v/dltxih0TS4Q?fs=1&vq=hd720″ vars=»ytid=dltxih0TS4Q&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=¬es=» id=»ep4521″ /]
Como vedes a variedade e orixinalidade non faltan nesta nova edición. Non volas perdades e recordade cubrir o cartón cós selos dos locais que visitedes para participar no concurso dos numerosos agasallos, e se as probades todas no sorteo do premio gordo, 650€
Ademais recordade que presentando o cartón selado con tan só un local dispoñedes de entradas gratis no cine da vila durante toda a Semana Santa, por cada entrada que compredes recibiredes outra de balde.
Deixámosvos a continuación unha galería con todas as tapas que participan no concurso.



































