Juan Constenla coordinará a campaña do PP e Amalia Goldar a elaboración do programa

IMG_3697O Teatro Principal acollerá o vindeiro sábado 18 a presentación da candidatura popular

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López Campos, informa que Juan Constenla Carbón será o encargado da coordinación xeral da campaña electoral para os comicios municipais do vindeiro 24 de maio e que Amalia Goldar foi designada responsable da coordinación do equipo que se encarga da elaboración do programa electoral.

A menos de 50 días da celebración das eleccións, José López destaca que o Partido Popular estradense está «preparado para afrontar con ilusión e ambición unha campaña en positivo» que estará baseada en explicar «o prolífico balance» da acción de goberno nestes catro anos e en presentarlle aos veciños «as novas propostas que darán continuidade ao proxecto iniciado en 2011 e que está a transformar A Estrada positivamente».

«Hai catro anos concorremos ás eleccións cun programa de goberno moi ambicioso que se foi materializando nunha porcentaxe significativa e que xa dixemos no seu día que tiña un horizonte de execución superior aos catro anos. Agora chegou o momento de darlle continuidade ás iniciativas que non puideron executarse neste mandato por mor da crise e IMG_3790de aportar novas ideas que farán da Estrada un concello aínda máis apetecible para vivir e traballar», indica o candidato á Alcaldía.

En relación á elaboración do programa electoral, José López sinala que «xa está bastante avanzado e será o resultado dos encontros que se están a manter con diferentes colectivos e do diálogo permanente con todos os estamentos da sociedade estradense e da experiencia adquirida na nosa acción de goberno ao longo de todo o mandato».

Por outra banda, José López anuncia que a candidatura coa que concorrerán os populares estradenses aos comicios do 24 de maio presentarase integramente nun evento que terá lugar o vindeiro 18 de abril no Teatro Principal. Ao respecto, salienta que «a candidatura do Partido Popular é a única que aportará estabilidade ao goberno neste concello, porque parte dun equipo sólido, cohesionado e con experiencia de xestión».

Partido Popular de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta