Móvete recibe á Marea Atlántica para conversar e intercambiar ideas sobre diversos aspectos relacionados coas xa próximas eleccións municipais de maio

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nEste domingo 12 de abril ás 17:00h no bar Búhos (rúa Capitán Bernal nº 9 A Estrada) terá lugar o encontro entre a Marea Atlántica e Movemento Veciñal Estradense-Móvete para conversar sobre diversos aspectos relacionados co vindeiro proceso electoral.

Trataremos aspectos como:

  • A necesidade da creación de espazos abertos á confluencia cidadá máis alá das siglas dos partidos.
  • Deseño do escenario electoral e postelectoral dende unha perspectiva que responda á intención compartida de poñer fin á actual situación de alienación cidadá, de xuntar esforzos e ilusión para promover uns Concellos abertos e solidarios, uns Concellos para todxs.
  • Principios básicos: Garantir unha vida digna para todas as persoas; Unha economía baseada na xusticia social e na sustentabilidade; Democracia e participación cidadá; Compromiso ético;

Dende Móvete animamos a todas as persoas do noso Concello a participar nesta conversa na que todxs aprenderemos cousas interesantes e poderemos aportar ideas  para avanzar cara outra forma de facer política: unha que defina a acción institucional como un compromiso de servizo público sobre a base dos desexos compartidos.

Móvete A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta