A Estrada entre os 7 concellos de Deza e Tabeirós que se suman ó Plan Actívate da Deputación de Pontevedra

plan activate2.000 mozos da provincia poderán completar a súa formación nas máis de  30 especialidades que se van impartir.  A través deste plan, a Deputación de Pontevedra pon en marcha un total de 71 cursos en 57 concellos da provincia. 

Segundo  o acordo aprobado esta mañá en xunta de goberno, a Deputación de Pontevedra impartirá 71 cursos de formación no marco do Plan Actívate 2015. Un programa dirixido a mozos e mozas de 16 a 35 anos de idade e ó que solicitaron adherirse 57 concellos da provincia.

9 cursos na comarca de Deza

7 concellos da comarca de Deza e Tabeirós sumáronse á nova convocatoria do Plan dirixido a mozos e mozas de 16 a 35 anos de idade.   Nos concellos de Agolada, Cerdedo, Forcarei, Silleda e Vila de Cruces ofertarase un único curso por municipio, mentras que  A Estrada e  Lalín, solicitaron poder ofertar dúas destas actividades formativas.

CONCELLO OBRADOIRO 1 OBRADOIRO 2
AGOLADA INTERNET E CORREO ELECTRÓNICO  
CERDEDO INICIACIÓN Á INFORMÁTICA  
ESTRADA, A INICIACIÓN ÁS REDES SOCIAIS FOTOGRAFÍA: NIVEL AVANZADO
FORCAREI XARDINERÍA  
LALÍN INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA REPOSTERÍA
SILLEDA ELABORACIÓN DE PÁXINAS WEB  
VILA DE CRUCES COCIÑA TRADICIONAL GALEGA  

Deputación de pontevedraDirixidos a mozos de entre 16 e 35 anos, os cursos teñen unha duración de 40 horas a impartir durante dous días á semana, e con eles preténdese ofrecerlle á mocidade actividades formativas de interese tanto para o seu desenvolvemento profesional coma social e persoal.

Unha vez pechado o prazo de solicitude foron 57 os concellos da provincia, dous máis que na anterior convocatoria, os que demandaron poder impartir no seu termo municipal algún dos cursos que a Deputación oferta.

Os concellos de máis de 15.000 habitantes que se acolleron a este programa poderán impartir dous cursos diferentes, mentres que nos de menos de 15.000 se  ofertará un único obradoiro.

71 cursos de formación

Nesta convocatoria, os obradoiros abarcan máis de 30 especialidades diferentes. Inclúense cursos nas áreas de: Novas Tecnoloxías (Internet e Correo Electrónico; Iniciación á Informática; Retoque Fotográfico por Ordenador; Iniciación ás Redes Sociais; Elaboración de Páxinas Web); Agricultura (Herboristería, Herbas medicinais, Creación dunha Horta Ecolóxica…); Artesanía (Obradoiro de Coiro; Cestería; Deseño e Estampado de Camisolas, Elaboración de Xabóns Caseiros e Perfumes Artesanais, Traballos Manuais en Tea, Papel,  Madeira e outros materiais, …); Actividades artísticas (Pintura e Debuxo Artístico; Fotografía, Retoque fotográfico por ordenador); Reparacións domésticas e bricolaxe (Xardinería, Pintura e Restauración de Mobles; Tapicería, Mecánica Básica do Automóbil, Reciclaxe e Reutilización…); Cociña (Cociña Tradicional Galega; Repostería; Tapas, Petiscos e Canapés, Curso Práctico de  Clasificación de Cogomelos Comestibles…) e Servizos ás persoas (Linguaxe de Signos; Deseño, Planificación e Desenvolvemento de Actividades de Lecer e Tempo Libre; Coidados Básicos para Persoas Dependentes; Aplicación de Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios, Acompañante de Transporte Escolar, Acompañante de comedor Escolar…).

Deputación de Pontevedra

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta