Durante este fin de semana o recinto feiral de Guimarei acolle a tradicional Feira Cabalar de Pascua, que organiza a Sociedade Cabalar de A Estrada, SOCADE, e o concello.
Na xornada do sábado tivo lugar o Concurso Morfolóxico Nacional AECCA, no que competiron guías con cabalos de pura raza árabe. No concurso valorábase, ademais da morfoloxía dos equinos, os movementos e sintonía cós guías.
A Asociación contou un ano máis como xuíz do concurso con Teresa de Borbón e Borbón.
Durante esta xornada dominical tócalle o turno aos cabalos de pura raza española, ademais de outras actividades comerciais, relacionadas con este belo animal, e de ocio, como actuacións musicais e postos de comida.
Esta mañá un grupo de xinetes achegábase ata a vila nunha pequena ruta a cabalo dende Guimarei.
Música ambiente: Grupo de Acordeóns Os Lóstregos