A Estrada Pode presentou este sábado aos integrantes da súa candidatura

A Estrada Pode

O sábado 25 de abril ás 19.30 horas, o partido político A Estrada PODE, definido baixo normativa legal coas siglas AE PODE, visibilizou os e as integrantes da candidatura coa que concurrirán ós comicios do vindeiro 24 de maio.

No encontro, celebrado na Casa do Lagoeiro, en Aguións, os e as 25 integrantes de AE PODE compartiron coa cidadanía a súa liña programática e os motivos que lles levaron a promover un partido político que dese un paso adiante para cambiar a situación actual e devolver a soberanía á cidadanía.

O acto foi presentado por Marcos Magán, coñecido locutor de radio de deejay, quen dou paso á alcaldable por AE PODE, Ofelia Lema Villar. A candidata fixo un breve resumo das intencións da candidatura e salientou o seu carácter participativo, plural, aberto e transparente, á par que fixo un chamamento á honestidade e remarcou a súa intención de ceñirse ó xogo limpo e non entrar en xogadas políticas de desprestixio que tan comúns acostuman a ser no taboleiro político.

A Estrada Pode 2Ofelia Lema Villar analizou a súa política de campaña definíndoa como a visibilidade e transmisión do programa político de A Estrada PODE, no que participaron diferentes grupos políticos, membros de plataformas e asociacións e cidadáns de xeito particular. A candidata manifestou que:

“Cada un e cada unha de nós temos moitas preocupacións propias ó longo do día. Preocupacións que nos quitan o sono en nos fan estar en garda. E isto non favorece que nos queiramos implicar de xeito responsable no referente á política. Non é sinxelo restarlle ó noso para sumar no común. Por iso esta candidatura é tremendamente meritoria.

Involucrarse no empoderamento da cidadanía, carrexar coas losas sociáis na procura de solucións, xogar co reloxo para ter horas para todo e parar todas e todos, é unha tarefa certamente ingrata que non devolve réditos persoáis. É un acto de vontade e desinterese.

Cónstame que a factura final será alta e non todo o mundo avoga por afrontala. E que no traxecto deixamos moito e carrexamos outro tanto.

Pero hoxe estamos aquí representando a pluralidade e a participación, a vontade de mudar as cousas, de devolvernos a ilusión e o dereito a ser, a decidir, a ter, a querer.

A política ponche fronte a tesituras que fan perigar os proxectos porque minan os folgos e atacan directamente á liña de flotación. Pero sempre atopamos algo que nos une. Algo que nos fai seguir loitando. Un último folgo, un empurrón, o ánimo e o apoio.

Como pobo estamos nun estado de desamparo e de xestión abusiva, e ás veces é difícil atopar forzas para enfrontarse a iso dende a soidade.Por iso a estrada pode é un proxecto común. Unha iniciativa participativa. Unha inquedanza da cidadanía e por a cidadanía. Por iso preciso decir hoxe que creo firmemente no motivo primeiro que nos trouxo hoxe ate aquí. Creo totalmente que co compromiso de todos podemos mudar as cousas.

Non deixan de sucederse as novas sobre continuos atentados contra a cidadanía. Violacións ós dereitos fundamentáis e mínimos de cada ser. E xa non é posible ampararse baixo a impermeabilidade do descoñecemento. Porque sempre haberá un desafiuzamento, un familiar que emigra na procura de posibilidades, sempre existirá a necesidade de sobrevivir, e troques do dereito a vivir, e seguiremos atopando familias necesitadas de axuda mínima, de alimentos, de posibilidades educativas, sociáis, económicas. E seguiremos a poñer cruces sanitarias ante a incompetencia gubernamental.

Pero aquí estamos un grupo de inconformistas. Loitando por aquello no cremos. E coa premisa de non permitir que ninguén xogue coas nosas ilusións, o noso traballo, as nosas inicativas… o noso futuro. E o facemos poñendo un carácter de conciencia social en aquello no que intervimos.

Así que hoxe non podemos deixar de transmitirvos que xuntos podemos cambiar as cousas na estrada. porque merece a pena retomar o esforzo de loitar polo que nos pertence. Como veciños e veciñas membros dunha sociedade participativa e involucrada. Non fai falla máis que a iniciativa da cidadanía, os principios da veciñanza e a confianza na restauración dos dereitos fundamentáis.

Traballemos neste proxecto. Xuntos e xuntas. Creamos nel.

Nós somos o pobo. E queremos a nosa soberanía. Non cremos na profesionalización da política, nin en quenes xogan a facer electoralismo coa cidadanía. O protagonismo é do pobo. Empoderemos á cidadanía.”

A candidata de AE PODE presentou un por un e unha por únha ós e ás 24 candidatos que conforman o grupo con ela, nomeando unha virtude de cada quen e aproximando os seús esforzos individuáis ó concepto de forza común.

Como punto final do acto, o grupo AE PODE proxectou o seu primeiro vídeo, co que inicia a recta final da precampaña e se dispón a seguir traballando arreo para ofrecer unha campaña coa que a cidadanía se sinta identificada e reflexada por transmitir os valores, necesidades, inquedanzas e anceios do pobo estradense.

Os e as membros de A Estrada PODE degustaron sidra doada pola Casa Torres da Moreda, quenes non dubidaron en acudir a un acto que se celebrou no entorno rural nunha continuación de AE PODE por involucrar e priorizar o rural na vida social e política de A Estrada.

A Estrada Pode

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta