A ANPA do CEIP do Foxo denuncia que "A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, NEGA o transporte público a 7 nenos do Ceip do Foxo"

O conflito que hoxe queremos facer público a todos os medios de comunicación e a sociedade estradense no seu conxunto, nace no mes de setembro do ano 2014.

Naquel momento e por expreso desexo das súas familias, transmitímoslle ao Xefe Territorial Don César A. Pérez Ares, a petición da  recollida no pobo aos nen@s que veñen o colexio do Foxo. Mandóuselle o escrito ao seu departamento e alí ben lle explicábamos despois de ler a instrución de transporte que sabiamos que eses rapac@s non eran usuarios lexitimos dese transporte. Pero nós como pais\nais considerábamos que os autobuses contaban con prazas libres, que non modificabamos a ruta, posto que este autobús vai buscar os nen@s de secundaria e que non incrementábamos a duración do traxecto. Consideramos que era unha proposta moi boa, porque a escaseza de matrícula no noso colexio e unha realidade e daríamos así a oportunidade de elixir libremente colexio ás familias interesadas. Deuselle o prazo dun mes para que a valoraran e se puxeran en contacto con nós para tratar o tema. Cal é a nosa sorpresa que o día 5 de Decembro sen antes informarnos a nós, enterámonos pola prensa local que a nosa petición era rechazada e o informe de Inspección non era favorable, alegando que a zona de escolarización deses nen@s non era o Ceip do Foxo, polo cal non había obriga de instalar unha parada no casco urbano, e a data de resolución cando o recibimos é do 29 de Decembro.

Como é posible que a prensa  soubera o día 5 de Decembro algo que foi que foi Resolto o 29 ??

Tivemos que mandar un segundo escrito pedindo a resolución a nosa petición, porque intentamos poñernos en contacto co Xefe Territorial por teléfono sen conseguilo, a pesares de intentalo a través da sùa secretaria sucesivas veces, para seguir a vía legal. Recibimola cando a eles lles dou a gana de mandala.

O día 30 de Xaneiro do 2015 convocamos aos pais e nais do colexio, para explicarlles a situación. Nesta reunión o malestar dos presentes era xeneral pois a petición non supoñía gasto ningún Á CONSELLERÍA e hai outro colexio da zona que sí ten este servizo.

Un pai que asistíu a esa reunión remitiulle unha carta a él e a uns cuantos cargos máis da Consellería expresándolle o seu malestar polo tema e por fin, parece que así conseguimos que nos recibira. A nosa sensación ao sair desa reunión foi de prepotencia e falta de interés polo tema. A súa primeira pregunta da reunión foi:

-Que queredes????……..DESPOIS DE TODO OS ESCRITOS QUE SE LLE MANDARAN¡¡¡¡ E todo o que eles publicaran na prensa SOBRE O TEMA O SEU ANTOLLO.

O 13 de Febreiro do 2015 interponse un Recurso de Alzada ante o Conselleiro, donde se expón todo o que xa se pedíu e como solución subsidaria a creación da parada fòra do casco urbano, propoñendo como tales a Baiuca ou as proximidades do IES Nº1 e solicitaselle unha resolución expresa pola que se acorde conceder ao alumnado escolarizado no Ceip do Foxo unha autorización excepcional para o uso do transporte escolar desde o casco urbano de A Estrada. CON ESTE RECURSO APORTANSE TAMÉN 550 FIRMAS RECOLLIDAS NO CENTRO PARA APOIAR ESTA PETICIÓN.

Cando o Xefe Territorial ven o IES ANTÓN LOSADA DIEGUEZ, non viña o conto, pero tamen  filtrou outra noticia na prensa sobre a nosa parada.

Mentres tanto o venres dia 20 de Febreiro, volvemos a enterarnos pola prensa local de que a Xefatura Territorial informaba publicamente que a comunidade educativa do Ceip do Foxo teriamos unha reunión A TRES BANDAS con él e co noso Alcalde, o que nunca lle preocupou moito esta petición nin mostrou o mínimo interés por resolvela.

A representante da Anpa no Consello Escolar informa no Consello, que queremos esa reunión. Mándaselle chegar esa petición e poñense en contacto dende a Xefatura para que vaiamos a Pontevedra. Reunida esta Anpa decide non ir porque non era esa reunión a que se lle reclamaba, pola cal se lle manda un terceiro escrito e unha copia da acta o xoves dia 23 de Abril, informándolle do noso acordo.

Con data do 7 de Abril do 2015 o Conselleiro RESOLVE DESESTIMAR o Recurso de Alzada por non ser legal a creación dunha nova parada, dandolle así FIN A VIA ADMINISTRATIVA.

Como seguimos considerando todo isto un capricho da Administración e unha verdadeira inxustiza e discriminación para cos nos@ fill@s, o día 30 de Abril  remitímoslle de novo unha solicitude de entrevista ao propio Conselleiro. A intención desta reunión e a de poder explicarlle cal é a realidade da situación, e facerlle ver que a nosa petición non vai contra ninguén, senón que só pretende axudar a estas sete familias a que teñan os mesmos servizos públicos e gratuítos ao igual que o resto do alumnado do concello de A Estrada.

¡¡¡¡NUN AUTOBÚS NO QUE, O QUE LLE SOBRAN, SON PLAZAS¡¡¡¡

Estamos fartos e fartas de como politicamente xogaron con nós o seu antollo. O noso sentimento agora mesmo, como pais e nais, é de rabia e impotencia   pola pouca importancia que se lle dou o este tema, sentíndonos discriminados porque nós o único que pedimos é un servizo que outros colexios xa teñen, e que non supón custe.

Aproveitamos para expresar publicamente que seguiremos loitando por todo o que lle supoña un ben para @S NOS@S FILL@S e que nos sentimos moi orgullosos de:

¡¡¡¡PERTENCER A UN COLEXIO DO RURAL¡¡¡¡

ANPA Alecrín do CEIP do Foxo

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta