Os socialistas consideran un despropósito a xestión do goberno coa RPT

REUNION DE ORGANIZACION PARA TRATAR LA RTPOnte tivo lugar a comisión de organización (extraordinaria urxente) na que se tratou a proposta da alcaldía de aprobación da RPT. O grupo municipal socialista trasládanos a súa opinión ao respecto:

«Consideramos un despropósito a xestión que o grupo de goberno fixo e está a facer en relación a este tema tan importante. Pretender impoñer un documento que regula o organigrama de funcionamento do concello sen ter en conta a posición contraria ao mesmo dos traballadores a través dos seus representantes sindicais e os informes desfavorables de intervención e secretaría, é unha temeridade que vai condicionar o funcionamento do concello.

Ademais, non se pode ignorar a sentenza do luns pasado que da a razón aos traballadores e anula un acordo aprobado polo actual grupo de goberno modificando as condicións laborais dos traballadores. A estimación da reclamación neste conflito colectivo terá consecuencias económicas moi importantes sobre os orzamentos municipais destinados a persoal. O previsible incremento aos traballadores non pode obviarse e non contemplarse no documento de RPT.

dono 2Por esta razón, dende o grupo municipal pediremos que non se dictamine nesta comisión o documento de RPT e que se abran novas mesas de negociación para aprobar unha proposta que conte co respaldo dos traballadores, contemple a sentenza do conflito coletivo resolto a favor dos traballadores e non se impoña un documento de xeito unilateral polo goberno.

Membros do grupo municipal socialista reunirémonos o vindeiro luns ás 17.00 h cos representantes dos traballadores municipais para coñecer as razóns da súa posición contraria ao documento de RPT que pretende impoñer o grupo de goberno, e poder así valorar adecuadamente o documento que nos foi entregado por mail na tarde de onte, sen ter acceso aos informes de intervención e secretaria ata o día de hoxe.»

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta