Alfredo González, presidente da Asociación de Comerciantes de A Estrada, preséntanos a próxima Edición da Noite de compras que terá lugar o venres 8 de Maio, en horario de 20:00 a 24:00 horas.
Ademáis da extensión do horario de apertura habitual nestas horas extra os comercios asociados a ACOE ofrecerán descontos especiais aos seus clientes. Participarán 50 comercios que se distinguirán cunha alfombra de moqueta verde.
Como parte dos comercios non pertencen ao centro terán a opción de instalarse en Jaimas pola rúa, así como postos de degustación e actividades
Para facilitar o desplazamento do público polo centro da vila, as rúas do centro estarán pechadas ao tráfico a partir das 19:30 horas.
Como novidade vaise levar a cabo por primeira vez unha enquisa de valoración, para saber de onde ven a xente, cal é o motivo, se lles gustan as campañas que a ACOE leva a cabo ao longo do ano, como se enteran destas actividades, etc.
Programa de actividades:
– Desfile de Moda, Participan os comercios: Gran via moda infantil, Pikaros moda infantil, Ana Belén moda infantil, Andri, Thebes, Mhussk, Bambú, Sensaciones, Emilio Iglesias, Aurora Sport. Será presentado pola Personal Shopper Rosina Landó e aparte da colaboración de mozos e rapaces da vila, este ano unha axencia de modelos, Air- Hostess, colabora no desfile e levará a cabo uns sorteos dunhas matrículas para clases de inglés ou de azafatas.
Colaboran peinando os modelos as perruquerias asociadas, Mónica Carabán, Raquel Paseiro e Dominguez Peluqueros
– Jaimas con diferentes produtos e comercios
Sensaciones, Rural Vivo, Andujar & cia, Produtos de Monte Cabalar, sidra, Fotos, Cócteles…………….
– Exposición e venda de vehículos de segunda man, automóviles Gestoso- Renault Start Motor
– Colaboran 22 locais de hostalaría con a caña a 1€ en horario de 20:00h a 00:30h., presentando a tarxeta correspondente que darán nos comercios a cambio dunha compra.
– Animación a cargo de Culturactiva con Zancudos e actividades diversas.
Para as jaimas de cóctel, fun foto e caña a 1€ (nos bares asociados a ACOE) Terán que presentar o vale que lles darán no comercio asociado.






































