Os socialistas consideramos que no contexto actual a prioridade debe ser xerar emprego
Despois de 4 anos de promesas incumpridas o alcalde López Campos pretende agárrarse da ampliación da alameda municipal como bandeira salvavidas para seguir catro anos máis no sillón da Alcaldía. Sen embargo, unha vez máis o que está a facer é vender fume para enganar aos veciños.
Os socialistas xa dixemos que no actual contexto económico a prioridade debe ser apostar pola creación de solo industrial público e a creación de postos de traballo na Estrada. Non parece que sexa o momento de gastar os recursos municipais en parques e xardíns, sobre todo cando se ten incrementado o número de familias estradenses nas que non hai ningún ingreso económico.
“Non compartimos que sexa o momento idóneo para acometer a ampliación da alameda, consideramos que son outras as prioridades neste momento e por iso non imos apoiar a modificación do orzamento municipal con esta finalidade”, comentou o líder socialista José Antonio Dono. “López Campos non só non xestiona acertadamente os fondos municipais, se non que pensa que os veciños son tontos e tenta enganalos para sacar rendemento electoral”
Lembraron os socialistas que o último día antes de que se convocaran oficialmente as eleccións municipais, (finais do mes de marzo) o Alcalde López Campos e os seus dous tenentes de alcalde Juan Constenla e Alberto Blanco escenificaron ante os medios de
comunicación a presentación da ampliación da alameda. “Nesta presentación o alcalde dixo que froito da boa xestión do seu equipo todo estaba listo e que a expropiación se aprobaría na primeira xunta de goberno de abril. Unha vez máis mentiu”, sentenciou o socialista José Antonio Dono.
“Os socialistas denunciamos que era unha mentira que todo estivese disposto, fixemos público o que o alcalde non contou: non tiña os cartos para poder facer a ampliación, por iso o departamento de intervención no lle autorizou a iniciar o expediente en xunta de goberno.
O tempo dounos a razón e agora vemos como a presa e correndo, convocando comisións extraordinarias e urxentes, pretende facer unha modificación ao orzamento do ano 2015 (aprobado só fai 5 días) para tentar que non lle caia o castelo de naipes que levantou para enganar aos veciños de cara ás eleccións. Pero unha vez máis minte, segue sen ter cartos para facer a ampliación”.
“Din que coa modificación orzamentaria habilitan 1.125.000 euros para realizar a expropiación. O que non din e que no documento do PXOM a ampliación da alameda cífrase por valor do dobre, 2.200.163 €. Non din tampouco que esta valoración realizada indiscriminadamente á baixa será levada, con toda seguridade, ao Xurado de Expropiación de Galicia polos propietarios das parcelas afectadas, propietarios cos que o Concello está obrigado por lei a negociar e cos que non se realizou tal negociación.
Ademais, este apaño que pretenden facer deixa ao descuberto a falta de execución dos orzamentos de 2014. Máis de 350.000 € que foran aprobados para destinar a mantemento de vías rurais e urbanas en 2014 non se executaron e agora pretende cambiar a súa finalidade.
PSdeG PSOE de A Estrada






































