Dono explicará o seu programa esta tarde en vinseiro e mañá reuniráse cós clubes deportivos no Coto Ferreiro

VinseiroOs socialistas da Estrada estaran hoxe ás 20.00 h na parroquia de Vinseiro explicando cales son os nosos compromisos para a vindeira lexislatura. O candidato socialista José Antonio Dono falará das súas propostas para que vivir no rural sexa unha oportunidade e non unha discriminación: atención ao rural.

No día de hoxe,  destacará na súa intervención as propostas que se recollen na web  http://psoeaestrada.es/programa/

Mañá, luns día 11, o candidato José Antonio Dono presentará as propostas en materia deportiva aos clubes deportivos da Estrada, ás 21.00 h, nunha reunión que se realizará no pavillón Coto Ferreiro.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta