O Concello da Estrada programa unha trintena de actividades no marco da XLII Festa do Salmón

Festa-do-Salmón-da-Estrada-Web

 Mañá arranca a ruta das tapas de salmón, na que participarán 21 locais hostaleiros repartidos por grupos durante os días 8, 9, 10, 15 e 16
 O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, augura «dúas fins de semana coa vila ateigada de xente» grazas ás múltiples e diversas actividades, que mesturan deporte, cultura, folclore, gastronomía, música e comercio
 Os coutos salmoeiros do municipio acollen esta fin de semana o 39ª Concurso Internacional de Pesca do Salmón

ruta.cdr programa.cdr

O Concello da Estrada acollerá dende mañá ata o domingo 17 de maio, día principal da XLII Festa do Salmón, máis dunha trintena de actividades pertencentes a ámbitos como o deporte, a cultura, o folclore, a gastronomía, a música e o comercio.

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, augura «dúas fins de semana consecutivas coa vila ateigada de xente» grazas á cantidade e diversidade de actividades programadas. Ao respecto, salienta que mañá venres comeza a primera xornada da ruta de degustación de tapas de salmón, na que participarán un total de 21 locais repartidos por grupos durante os días 8, 9, 10, 15 e 16.

Departamento de Cultura

Esta entrada fue publicada en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta