Ana Pastor e Rafael Louzán acompañarán esta noite a José López no mitin central da campaña do PP

IMG_9616 O candidato popular á Alcaldía participa dende hoxe ata o domingo pola noite en cinco actos electorais

O Partido Popular da Estrada celebrará esta noite o seu mitin central desta campaña electoral a partires das 21.00 horas no anexo ao pavillón Manuel Coto Ferreiro.

O candidato á Alcaldía, José López, estará acompañado polo presidente provincial do PP e presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; pola ministra de Fomento, Ana Pastor; e polo presidente provincial de Novas Xeracións, o estradense Pablo Carollo, que será o encargado de abrir o mitin.

Xunto con este mitin central, José López participará dende hoxe ata o domingo noutros catro actos electorais, ademais de presidir o domingo pola mañá como alcalde da Estrada os actos institucionais da Festa do Salmón e do Día das Letras Galegas.

Deixámosvos aquí imaxes da presentación da súa candidatura que non puidemos subir antes.

Sábado 16

 Encontro sectorial con deportistas e clubes, no parque exterior anexo ao novo estadio (12.00 horas).

Domingo 17

 Mitin na escola de Nigoi (18.30 horas).

 Mitin na escola de Parada (20.00 horas).

 Mitin no local social de Tabeirós (21.30 horas).

PP de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta