Dono comprometeuse a apoiar ás empresas locais, realizar unha política de atracción de novos postos de traballo e a sacar do abandono vivido nos últimos 4 anos ás parroquias no mitin central acompañado de centos de veciños

22052015-dsc_2594Volver a contratar coas empresas locais, poñer a disposición solo industrial público en Toedo e impulsar o pacto local polo emprego

Apoiar aos veciños que viven nas parroquias do rural: posta en marcha do plan sociosanitario, garantía na prestación de mantemento de infraestruturas e prestación de servizos do xeito máis próximo aos veciños

O candidato socialista José Antonio Dono pechou a súa campaña electoral nun acto celebrado no Recinto da Feira do Moble da Estrada, acompañado do Secretario Xeral dos Socialistas de Galicia Xosé Ramón Gómez Besteiro.

En palabras de José Antonio Dono:

“Os datos que nos falan da situación da Estrada son preocupantes, indican que inda non se tocou fondo na crise e é necesario que o Concello poña encima da mesa accións claras para contrarrestalos. No noso Concello máis do 60 % da poboación vive no rural, unha terceira parte dos habitantes son maiores de 50 anos, temos 450 afiliados menos á seguridade social en 2014 e só 4770 estradenses dados de alta, 648 estradenses máis no estranxeiro e unha perda de poboación de 529 habitantes durante a última lexislatura.”

22052015-dsc_2529“Sabemos que non é momento de facer dispendios económicos, hai que  priorizar, pero priorizar con sensatez. Nestes últimos 4 anos os veciños viron como as prioridades do goberno municipal distaron moito das súas necesidades reais: campos de fútbol que nos custaron 2 millóns de euros, subidas de impostos, e moito fume de falabarato. Nós plantexamos optimizar o usos dos espazos existentes e executar proxectos e programas complementarios: cultura, deporte, benestar social ou formación, acabando así cos últimos 4 anos de improvisación. Contamos cun proxecto adaptado ás necesidades da Estrada, sensato e realista”

“O meu compromiso é coa Estrada, cos veciños e coas empresas da Estrada. Dende o primeiro día comprométome a traballar para levar a diante unha verdadeira política industrial e de emprego. Na situación actual o Concello ten que poñer en xogo solo industrial público para negociar con empresas que veñan crear postos de traballo na Estrada, e para elo non só poremos solo industrial público a disposición no Polígono de Toedo, tamén aplicaremos políticas fiscais de atracción para novas empresas”

“Priorizarei medidas de fomento de emprego contratando as obras e servizos con empresas locais, se o pode facer unha empresa da Estrada que non veña ningunha doutro lado quitarlle traballo aos traballadores lociais.  Apoiaremos a creación de novos postos de traballo na Estrada coa aplicación dunha política de atracción de novas empresas que se instalen no solo industrial público que poremos a disposición”

22052015-dsc_2598“Impulsaremos un Plan Sociosanitario para garantir que os estradenses  se sintan seguros e atendidos no seu fogar, e esixiremos a posta en marcha dos servizos necesarios na Estrada: Centro de día, melloras no centro de saúde ata que se constrúa un novo centro, apoio de traballadores sociais no rural e posta en marcha de medidas de respiro familiar e conciliación. Poremos en marcha un programa cultural e deportivo que permita superar as desigualdades no acceso, independentemente de vivir no rural ou no casco urbano e independentemente da renda familiar, e que implica a colaboración coas asociacións e clubes do sector, ao tempo que require da optimización de usos dos espazos públicos dispoñibles”.

“Os servizos serán o outro grande foco de atención: mellora da dotación de servizos no casco urbano e nas parroquias (saneamentos, auga, subministros…). De inmediato voltaremos a organizar os equipos de mantemento de infraestruturas e servizos no rural. Non deixaremos abandonas as parroquias como o estiveron nestes últimos catro anos”.

“Vivir na Estrada ten que se unha oportunidade, non unha discriminación para as familias, polo que impulsaremos medidas que fixen poboación para evitar que aconteza o mesmo que nestes catro anos cando máis 600 persoas se fóron do noso Concello”.

22052015-dsc_2509“Non máis promesas, COMPROMISOS. A Estrada necesita solucións para as súas necesidades e non máis propaganda”.

“Comprometémonos a dar apoio aos nosos traballadores locais e a que a prioridade volten a ser os veciños e as veciñas. Traballaremos para que vivir na Estrada sexa unha oportunidade para todos, e farémolo dende un goberno honesto e sensato. Contamos con vos para recuperar A Estrada o próximo domingo. Non faltedes”

Fotografías: Fran Brea

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta