Así comezaba o seu discurso, Xosé López, líder do Partido Popular tras volver obter a maioría absoluta.
Nun restaurante Samaná ateigado de amigos e simpatizantes López vivía con nerviosismo a chegada dos resultados das mesas electorais, unha tensión que se mantivo ata o final bailando entre os 10 e os 11 edis que non se definiu ata coñecer o resultado das últimas mesas do Teatro Principal.
Tras confirmar a maioría desatouse a euforia e o alcaldable popular fundindose nun forte abrazo coa súa muller entre gritos de alcalde.
O alcalde proferiu unhas palabras aos asistentes cheas de agradecemento, aos estradenses pola confianza, aos compañeiros de corporación polo traballo e implicación, as novas xeracións como futuro do partido e parte activa,… Finalizou a intervención decindo que o que tocaba agora era «traballar, traballar e traballar».
Dono Dimite
A consecuencia máis inmediata dos resultados electorais foi a dimisión do líder socialista, Xosé Antonio Dono. Despois de encabezar a lista durante os últimos oito anos sendo alcalde en catro deles, agradeceu a confianza e cariño dos compañeiros, amigos e simpatizantes e que se ía, pero deixando un gran equipo.
Dono felicitou ao candidato popular e despediuse entre aplausos e mostras de afecto.
no images were found
BNG mantén un edil, pero pasa a ser a cuarta forza
Magariños mostrouse decepcionado polos resultados, pero disposto a seguir traballando por e para a Estrada. O lider do BNG colle o guante dos veciños que o respaldaron para continuar exercendo o labor de oposición.
Magariños tamén adicou unhas verbas aos simpatizantes que se achegaron ata a sede animando a seguir traballando polo seu proxecto.
Móvete obten un edil e convértese na terceira forza
Un dos novos partidos, Móvete, consigueu converterse na terceira forza política na Estrada.
A súa lider, Mar Blanco, facía na noite de onte dobre valoración sobre os comicios. Por unha banda consideraba negativo que os populares voltaran ter a maioría, pero valoraban positivamente o representante obtido para que os veciños e veciñas puideran estar representados por unha boa oposición.
A Estrada Pode valorará os pasos a seguir
A Estrada Pode non consigueu representación nestos comicios e nestos días farán unha valoración interna para ver os pasos a seguir polo partido. A alcaldable, Ofelia Lema, non quixo facer declaracións ata reunirse coas bases e felicita ao alcalde polos resultados obtidos.






































