Volve o CORRELINGUA Á ESTRADA!

correlingua-2015Máis de 1500 rapaces e rapazas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria participarán nunha nova edición do Correlingua que se celebrará na Estrada, baixo o lema: “Galego, a nosa creación común”. 

Participará  alumnado dos seguintes centros educativos:

CEIP Cabada Vázquez,  CEIP do Foxo,   CEIP Pérez Viondi,  CEIP de Figueiroa,  IES García Barrros,  IES Antón Losada Diéguez,  IES Chano Piñeiro, IES Nº 1,  IES Pintor Colmeiro.

A marcha rematará cunha festa final que conducirá Isabel Risco. Nesta festa os encargados da lectura do manifesto será o alumnado dos diferentes colexios que participan. Pecharase coa actuación musical de BOCINAZO, gañador do concurso Cantalingua 2015. Durante o acto contaran coa animación. 

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. As actividades teñen como lugar de celebración 12 comarcas galegas e comezaron o día 4 de maio en Compostela

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG – Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística,

O PROGRAMA DO DÍA SERÁ

10:30h. Chegada dos centros ao recinto da Praza da Feira.

11:00h. Saída do CORRELINGUA

11:15. Chegada do Correlingua (pequenos)

Tempo para a merenda dos pequenos antes do concerto.

11:45H CHEGADA DO CORRELINGUA (Maiores)

Tempo para a merenda dos maiores (primaria) antes do concerto.

12:00H Inicio do actos na Praza da Feira: LECTURA DO MANIFESTO

12:10H Actuacións dos Ceip Foxo e Figueiroa

12:20 Actuación do grupo gañador do Cantalingua O BOCINAZO

13:00H Solta final de globos e remate do acto.

Máis información sobre os premios:

– Vídeo:  alumnado do CPR Sagrada Familia de Aldán, Cangas:

http://www.correlingua.org/noticias/o-premio-do-concurso-de-video-vai-para-cangas-do-morrazo

– Manifesto: “@s Bokaneir@s”,  4º da ESO do CPI de Pontecesures

http://www.correlingua.org/sites/all/arquivos/concursos/manifesto_cpi-de-pontecesures-alumnado-4o-eso.pdf

Máis información sobre o conxunto da actividade:

correlingua@correlingua.org

www.correlingua.org

Teléfonos de Contacto:

Cig-Ensino: 986 861513 / 986852950

Nogueira (persoal) 667488953

pontevedra@cig-ensino.com

Esta entrada fue publicada en Cultura, Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta