O pasado 27 de maio salia á rúa o número seis da gaceta Oquehai. No cal a súa directora e creadora Aitana Martino despedíase dos seus lectores. Non sabemos con certeza se será definitivo ou só unha paréntese para encontrar o mellor modo de chegar aos seus lectores.
Foron seis meses moi intensos nos que Aitana sacou adiante practicamente soa esta gaceta. Nestes momentos está delicada de saúde e é un dos motivos polos que ten que
deixar temporalmente de traballar tan arreo na gaceta. Outro dos motivos e a falla de financiación, pero de seguro que atopa o modo de voltar a ter na rúa e con todos nos a gaceta cultural da nosa vila.
O enlace para poder vela online: http://issuu.com/oquehai/docs/oquehai_n5
Oquehai