Os estudantes fixeron do galego unha festa

06Máis de 1500 rapaces e rapazas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria participaron este luns do Correlingua na Estrada.

Baixo o lema «Galego, a nosa creación común» o alumnado dos centros CEIP Cabada Vázquez,  CEIP do Foxo,   CEIP Pérez Viondi,  CEIP de Figueiroa,  IES García Barrros,  IES Antón Losada Diéguez,  IES Chano Piñeiro, IES Nº 1 e IES Pintor Colmeiro realizaron unha marcha pola vila rematando na praza da feira onde merendaron e bailaron coa actuación de «Bocinazo», gañador do concurso Cantalingua deste ano.

Os rapaces tamén leron un manifesto e realizaron actuacións pechando a festa cunha solta de globos.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG – Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta