Xosé Antonio Dono fixo balance onte, acompañado pola candidatura coa que se presentou ás pasadas eleccións municipais, lamentando que a maioría dos estradenses estean na oposición a pesar de que votaron ao cambio de goberno. O líder socialista cre que esto se debeu a diversidade de partidos perdendose así máis de 1000 votos como xa predecía antes dos comicios.
Dono mostrou o seu orgullo polo traballo realizado pola súa candidatura durante a campaña electoral que «fixo unha campaña escepcional, imposible facer mellor campaña», «non se pode facer mellor, nin tanto nin tan ben», «non fixemos xogo sucio, como fan outros, non insultamos a nadie, non marcamos sobres,…»
Xosé Antonio tamén vaticinou unha lexislatura complicada para o alcalde ante o cambio sucedido en toda España. Despois de perder a deputación augura que os populares perderán tamén a Xunta e o Goberno Central nos vindeiros meses e tendelle a man ao
alcalde como intermediario para conseguir o que considere que A Estrada precisa, sempre e cando deixe de perseguir a traballadores municipais que non son do seu partido e dialogue coa oposición.
En canto a súa persoa confirmou que non ía tomar posesión da acta de concelleiro por incompatibilidade horaria dos plenos có seu traballo, pero que continuará no partido como ata agora (ao fronte do partido local e membro dos comités nacional e provincial) polo menos ata setembro momento en que tomará unha decisión cós compañeiros de partido. O que si deixa claro é que non abandonará a política e non descarta incluso volver presentar de alcaldable polo partido socialista.






































