Este xoves, 4 de Xuño, abrirá a inscrición para o Campus de Verán

campus veránVI CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN CONCELLO DA ESTRADA 2015

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a sexta edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada. Ofertanse un total de 150 prazas por quenda. Neste mes de xuño realizase a preinscripción para a quenda de xullo; no mes de xullo abrirase o prazo de inscrición para a quenda de agosto.

A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas. O prezo será de 75 euros por participante e mes e variará segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 50 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 25 euros e a partir do cuarto membro o precio será gratuito.

As actividades que oferta o Campus Deportivo de verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo e xogos de iniciación para os máis pequenos. En cada quenda haberá una excursión o Aquapark de Cerceda e una acampada nas instalación das piscinas municipais.

O Campus Deportivo de verán conta con servicio de transporte gratuito dende a estación de autobuses ata a zona deportiva, con regreso.

Os interesados en formalizar a inscripción -sen realizar pago de ningún tipo- deberán de facelo de forma presencial no Concello (planta baixa) a partir do vindeiro xoves día 4 de xuño. As prazas adxudicaranse segundo a orde de inscripción ata esgotar as mesmas. No momento de esgotar as prazas comezará una lista de espera. A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas. O pago farase na primeira semana da actividade.

Departamento de Deportes do Concello da Estrada.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta